O uso do sitio web www.intecmar.gal réxese polas normas establecidas no presente aviso legal conforme ás leis españolas. Polo mero feito do seu uso, o usuario comprométese a utilizar o sitio web e os seus servizos e contidos sen contravir a lexislación vixente, a boa fe, os usos xeralmente aceptados e a orde pública.
En cumprimento da lei 34/2002 de 11 de xuño, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSI) informámoslle que este espazo web e todo o seu material pertencen ao “INSTITUTO TECNOLOXICO PARA O CONTROL DO MEDIO MARIÑO DE GALICIA (INTECMAR)” con CIF: Q3600376B, en diante INTECMAR, con domicilio social: Peirao de Vilaxoán s/n, 36611 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) e enderezo electrónico: intecmar@intecmar.gal.
O INTECMAR é titular do dominio de segundo nivel "intecmar.gal" e dos distintos elementos nel incluídos como por exemplo: ww3.intecmar.gal.
O INTECMAR resérvase o dereito a introducir modificacións ou omitir parcial ou totalmente os actuais contidos da web cando o considere oportuno e sen aviso previo, así como impedir ou restrinxir o acceso de forma temporal ou permanente.
Responsabilidade limitada
Baixo ningunha circunstancia o INTECMAR será responsable ante terceiros por calquera dano directo ou indirecto, económico, perda de clientes ou perda de ganancias, resultado do uso de www.intecmar.gal. ou de calquer servizo incluido na mesma.
Propiedade intelectual e industrial
Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade do INTECMAR, da administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
A información dispoñible nesta web, salvo indicación expresa do contrario, é susceptible de reutilización, quedando autorizada a súa reproducción total ou parcial, modificación, distribución e comunicación para usos comerciais e non comerciais de acordo coas seguintes condicións:
Queda prohibida en calquera circunstancia, a desnaturalización do contido da información.
O usuario está obrigado a citar a fonte dos contidos obxecto da reutilización.
Ligazóns con outras webs
No caso de que a presente web puidese conter vínculos ou ligazóns con outros portais ou sitios web non xestionados polo INTECMAR, este Instituto manifesta que non exerce control algún sobre os devanditos sitios nin é responsable do contido dos mesmos. Os enlaces que esta web poida conter ofreceranse, únicamente, a modo de referencias informativas, sen ningún tipo de valoración sobre os contidos, propietarios, servizos ou produtos ofrecidos desde os mesmos.
O INTECMAR resérvase o dereito para eliminar calquera ligazón en calquera momento. En todo caso, o INTECMAR non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non se ten ningún control, debendo o usuario deste portal, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns.
Condicións legais para o uso dos servizos de datos do INTECMAR
A información proporcionada polos servizos de datos é xerada de forma automatizada polo que INTECMAR non pode garantir que o acceso aos mesmos non se vexa interrompido temporalmente por problemas técnicos. O INTECMAR resérvase o dereito de facer sen previo aviso, os cambios necesarios nos servizos, co obxecto de actualizar ou modificar a información.
O acceso a estes servizos, así como o uso da información contida neles, son responsabilidade exclusiva do usuario. Os datos proporcionados ofrécense con carácter meramente informativo, carecendo de ningún tipo de validez legal. O INTECMAR non se responsabiliza dos danos sufridos ou perdas económicas que puideran derivarse da interpretación ou do uso dos mesmos.
Protección de datos
As persoas usuarias desta web teñen á súa disposición toda a información relativa ao tratamento dos datos persoais levado a cabo polo INTECMAR, incluíndo o modo no que poden exercitar os seus dereitos, o contacto co responsable de tratamento e demais aspectos segundo os termos esixidos polo Regulamento europeo de protección de datos persoais, no seguinte enlace: Información sobre protección de datos persoais.
Uso de linguas
O artigo 13 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, garante o exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos no ordenamento xurídico e, en particular, os referidos ao uso do galego nas relacións da cidadanía coa Administración pública de Galicia. A estes efectos, a web posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos en galego, castelán e na maioria dos casos tamén en inglés.