Os resultados do traballo desenvolvido no Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia transmitense ós distintos departamentos da administración autonómica relacionados; ás entidades sectoriais do marisqueo e a acuicultura: Confrarías de Pescadores, Organizacións de Produtores e Asociacións Profesionais; e ponse á xeral disposición da sociedade.
A información que sobre o estado do medio mariño e as suas distintas zonas de produción de moluscos bivalvos se obtén no INTECMAR, pode ser consultada nesta web.
A través dun teléfono móbil, utilizando tecnoloxía WAP, no enderezo wap.intecmar.gal, pódese acceder á información sobre o estado das zonas, cambios producidos cada día e máis os resultados dos bioensaios que se obteñan na xornada en que se fai a consulta.
Via FAX informanse as solicitudes de extracción feitas no marco dos Plans de Explotación Marisqueira e transmítense tódalas resolucións oficiais sobre a situación das zonas de produción en relación coas biotoxinas mariñas, ós departamentos implicados e ás entidades sectoriais afectadas, a cuxos directivos tamén se lles da conta desa circunstancia a través de SMS
Emprégase tamén o FAX para enviar ós departamentos administrativos pertinentes e ás entidades sectoriais interesadas os informes preliminares de recontos de fitoplacto, os informes sobre o estado das zonas e os informes sobre os resultados dos bioensaios.
Cando por calquera circunstancia a información obtida no INTECMAR resulta de interese público, dáse a a coñecer a través do gabinete de comunicación da Consellería do Mar, que o fai chegar a tódolos medios de información xeral implantados en Galicia.