O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (INTECMAR) está ubicado no peirao de Vilaxoán, concello de Vilagarcía de Arousa.
Para chegar dende A Coruña, Santiago ou Vigo tomaremos a Autopista A-9 dirección Vigo (se saímos da Coruña ou Santiago) ou dirección A Coruña (se saímos de Vigo ou Pontevedra) ata chegar ó enlace coa estrada C-531 (saída Vilagarcía de Arousa), continuar pola estrada C-531 ata chegar a Vilagarcía de Arousa, tomar a estrada C-550 en dirección a Cambados e ó chegar a Vilaxoán, baixar ata o peirao.