O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (INTECMAR), cumpre coa lexislación vixente en España e na Unión Europea en materia de protección de datos de caracter persoal. Para iso adopta as medidas técnicas e organizativas necesarias para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado e roubo dos datos persoais facilitados, tendo en conta o estado da tecnoloxía, a natureza dos datos e os riscos aos que están expostos.
¿Que é o tratamento de datos persoais?
Constituirá un tratamento de datos persoais calquera operación realizada sobre datos persoais como a recollida, rexistro, organización, estruturación, conservación, adaptación ou modificación, extracción, consulta, utilización, comunicación por transmisión, difusión ou calquera outra forma de habilitación de acceso, cotexo ou interconexión, limitación, supresión ou destrución.
¿Quen é o responsable do tratamento?
O responsable do tratamento é a Dirección do “Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia” con CIF: Q3600376B, en diante “INTECMAR”, con enderezo social en: Peirao de Vilaxoán s/n, 36611 - Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) e enderezo electrónico: intecmar@intecmar.gal
Finalidades xerais
O INTECMAR poderá tratar os datos persoais con unha ou varias das finalidades que se indican a continuación, sendo esta listaxe meramente informativa. A finalidade concreta vén especificada nas cláusulas informativas correspondentes a cada procedemento ou servizo.
Xestionar os diferentes procedementos administrativos e informar aos interesados sobre a súa tramitación.
Verificar os datos e documentos que as persoas interesadas declaren a través das diferentes solicitudes para comprobar a exactitude dos datos.
Xestionar as consultas e solicitudes de información.
Realizar notificacións.
Xestionar calquera outro servizo prestado polo INTECMAR que precise o tratamento de datos persoais.
Bases xurídicas que lexitiman o tratamento
Con carácter xeral, o tratamento dos datos persoais no INTECMAR basearase na necesidade de dar cumprimento a unha obriga legal, no cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable sobre a base do Dereito autonómico, estatal ou da Unión Europea. En determinados supostos, o tratamento virá lexitimado polo consentimento das persoas afectadas.
A normativa básica que xustifica a lexitimidade do tratamento dos datos persoais é a seguinte:
Estatuto de Autonomía de Galicia
Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia (LOFAXGA)
Estrutura orgánica e funcional da Consellería do Mar
Lei 3/2004, do 7 de xuño, de creación do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia
Decreto 41/2005, do 17 de febreiro, do Regulamento do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas
Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público
Prazos de conservación
Os datos persoais serán conservados mentres sexan necesarios para as finalidades de cada tratamento e, en todo caso, durante os prazos previstos pola lexislación vixente, atendendo ao requirido pola normativa vixente respecto á retirada do consentimento, á supresión dos datos polas persoas interesadas ou ao exercicio doutros dereitos.
Destinatarios dos datos
Con caracter xeral os datos persoais tratados polo INTECMAR non serán cedidos a terceiros agás as seguintes excepcións:
Entidades bancarias necesarias e á Administración Tributaria no marco dunha relación económica.
Organismos financiadores dentro de proxectos xestionados con fondos europeos.
Outras administracións públicas competentes, incluídos Xulgados e Tribunais e organismos da Seguridade Social segundo o ámbito de cada tratamento.
Diarios Oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios, a fin de dar a publicidade legalmente esixida aos distintos procedementos.
Dereitos das persoas interesadas respecto dos seus datos persoais
O INTECMAR garantirá e facilitará en todo momento as persoas interesadas o exercicio dos seus dereitos en materia de protección de datos persoais. Estes dereitos son:
Dereito de acceso: dereito a obter confirmación sobre se se están tratando os datos e información, no seu caso, sobre o devandito tratamento.
Dereito de rectificación: dereito a solicitar a rectificación dos datos cando sexan inexactos.
Dereito de supresión ou esquecemento: dereito a obter a supresión dos datos nos termos previstos na normativa vixente.
Dereito de oposición: dereito a opoñerse, en calquera momento, a que os datos persoais sexan obxecto de tratamento.
Dereito á limitación do tratamento: dereito a que o responsable limite o tratamento dos datos da persoa interesada nos supostos recollidos na normativa vixente.
Dereito á portabilidade dos datos: dereito a recibir os datos que proporcionou nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, ou a que sexan transmitidos directamente a un terceiro nos supostos establecidos na normativa vixente.
Dereito a non ser obxecto de decisións individuais automatizadas: dereito a non ser obxecto dunha decisión baseada unicamente no tratamento automatizado, incluída a elaboración de perfís, que produza efectos xurídicos no interesado ou lle afecte significativamente de modo similar.
Dereito a retirar o consentimento: cando o tratamento dos datos estea baseado no consentimento das persoas interesadas, estas poderán retirar o consentimento outorgado en calquera momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento previo á súa retirada.
Sen prexuízo de calquera outro recurso, as persoas interesadas terán dereito tamén a presentar unha reclamación ante a autoridade de control (Axencia Española de Protección de Datos.)
Como exercer os seus dereitos
Pode exercitar os seus dereitos presentando a sua solicitude por escrito e asinada mediante correo postal ou presencialmente no enderezo: INSTITUTO TECNOLÓXICO PARA O CONTROL DO MEDIO MARIÑO DE GALICIA - INTECMAR, Peirao de Vilaxoán s/n, 36611 - Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) ou mediante correo electrónico ao enderezo: intecmar@intecmar.gal, indicando o dereito para exercitar e acompañando a documentación requirida.