Para o control da contaminación química provocada por estes compostos, está implantada unha rede de mostraxe conformada por 65 puntos fixos, dos que 26 correspóndense con outras tantas bateas de cultivo de mexillón e os restantes están repartidos ó longo do litoral galego, tendo o mexillón de rocha como bioindicador
As mostraxes fanse, segundo os puntos dos que se trate, con carácter anual ou semestral, e a determinación analítica faise por cromatografía de gases e espectrometría de masas.
Os contaminantes analizados na Unidade son de orixe antropoxénico, considerados como contaminantes orgánicos persistentes (COPs) e son: os PCBs indicadores (PCBs, 31, 28, 52, 101, 153, 138 e 180), PCBs similares a dioxinas mono-orto (PCBs 118, 105 y 156), PCBs similares a dioxinas non-orto (PCBs 77, 126 e 169), dioxinas e furanos, e os pesticidas organoclorados (-HCH, -HCH, HCB, aldrín, dieldrín, isodrín, endrín, transnonaclor, heptaclor, heptaclorepóxido, pp´-DDE, op'-DDT, pp´-DDD e pp´-DDT). Tanto o control de PCBs como de pesticidas realízase dúas veces ó ano, mentres que o de dioxinas e furanos non é tan intensivo, isto é debido a que a contaminación por dioxinas é moi paralela á dos PCBs, e atópase nas zonas onde tamén hai máis carga de PCBs.
A Unidade de Organoclorados fai en torno ás 150 análises anuais.