No ano 1992 creouse o Centro para o Control da Calidade do Medio Mariño de Galicia, que foi a orixe do actual INTECMAR.
Co gallo da celebración do 25 aniversario, o INTECMAR organizou un acto o día 24 de novembro de 2017, que contou coa participación do Sr. Presidente da Xunta de Galicia, D. Alberto Núñez Feijoo, así como os Conselleiros de Mar e Sanidade e o Sr. Alcalde de Vilagarcía de Arousa, así como unha nutrida representación do sector.