A rede para o control das condicións oceanográficas, conta con 58 estacións de mostraxe -42 oceánicas e 16 costeiras- repartidas ó longo do litoral galego, nas que a frecuencia de mostraxe é semanal.
Esta rede permite coñecer, con periodicidade semanal, as variables físico-químicas do auga, das que a temperatura, salinidade, pH, osixeno disolto, fluorescencia, transmitancia, irradiancia, e hidrocarburos en disolución determinanse mediante sensores encaixados en sondas CTD; os hidrocarburos aromáticos mediante espectrofluorímetro e os nutrientes inorgánicos -nitrato, nitrito, amonio, fosfato e silicato- mediante técnicas de fluxo segmentado; e o carbono orgánico disolto e o nitróxeno disolto total, mediante un autoanalizador.
Estas medición de condicións oceanográficas e variables de oceanografía química, supoñen un total de 54.226 determinacións anuais.
Ademais, o INTECMAR xunto con outras entidades de España e Portugal, está implicado na instalación e mantemento dunha infraestructura transfronteiriza de observación do océano na súa marxe ibérica, conformada por unha rede de estacións océano-meteorolóxicas, para medir en tempo real variables oceanográficas como correntes, salinidade e temperatura da auga, e meteorolóxicas, como humidade, dirección e velocidade dos ventos e temperatura ambiente.
Semanalmente, o INTECMAR emite un informe por cada unha das estacións de mostraxe, no que se reflicten os resultados das condicións oceanográficas medidas mediante sondas multiparamétricas (neste informe tamén se inclúen os recontos de fitoplacto e as clorofilas). Con carácter anual elabórase outro informe no que se fai constar a evolución do resto das variables. Toda esta información almacenase nunha Base de Datos.