O factor humano constitúe un elemento básico na fiabilidade dos resultados dos ensaios, por iso o persoal do INTECMAR atópase debidamente cualificado e dispón da experiencia necesaria, para o desemprego das súas respectivas funcións, someténdose a unha formación adecuada e continua que lle permite incrementar a súa eficacia individual e colectiva.
A remuneración do persoal é independente do número de ensaios realizados, da rapidez da sua execución e dos resultados obtídos, mantendo ademáis un compromiso de confidencialidade, independencia e imparcialidade, respecto de tódolos resultados analíticos.
Os xefes de unidade teñen a responsabilidade total de tódalas operacións técnicas das súas respectivas unidades, exercendo funcións de dirección técnica.