Para o control da contaminación química provocada por estes elementos, está implantada unha rede de mostraxe composta por 65 puntos fixos, dos que 26 correspóndense con outras tantas bateas de cultivo de mexillón e os restantes están repartidos ó longo do litoral galego, tendo o mexillón de rocha como bioindicador. Ademais, faixe control rutinerio dos principais bancos marisqueiros galegos de ameixa e berberecho.
As mostraxes fanse, segundo os puntos dos que se trate, con carácter anual ou semestral, e a determinación analítica faise por espectrofotometría de absorción atómica.
Elementos sometidos a control: Prata, arsénico, cadmio, cromo, cobre, mercurio, níquel, chumbo e zinc.
A Unidade de Metais Pesados fai arredor de 1.200 análises anuais.