UNIDADES ANALÍTICAS
Unidade de Oceanografía e Fitoplacto: fai o seguimento e control das condicións oceanográficas e do fitoplacto das zonas de producción da Comunidade Autónoma de Galicia.
Unidade de Bioxeoquímica: encargase do seguimento e control dos nutrientes inorgánicos, materia orgánica disolta e hidrocarburos aromáticos disoltos nas zonas de producción da Comunidade Autónoma de Galicia.
Unidade de Biotoxinas: exerce a vixilancia e control das biotoxinas nos moluscos bivalvos e outros organismos mariños, nas zonas de producción da Comunidade Autónoma de Galicia, e a determinación analítica das mostras correspondentes ás inspeccións efectuadas polas Consellerías de Sanidade e Pesca e Asuntos Marítimos, así como das mostras enviadas por outras comunidades autónomas coas que existen convenios de colaboración.
Unidade de Metais Pesados: fai o seguimento e control de metais pesados en moluscos e outros organismos mariños das zonas de producción da Comunidade Autónoma de Galicia.
Unidade de Organoclorados: encargase da determinación de compostos policlorobifenilos (PCB´s), pesticidas, dioxinas e furanos en moluscos e outros organismos mariños en augas galegas.
Unidade de Hidrocarburos: fai o seguimento e control da presenza de hidrocarburos en moluscos e outros organismos mariños, en augas de competencia autonómica.
Unidade de Documentación e Apoio Científico: recompila toda clase de información técnica, científica e operacional, elaborando e mantendo bases de datos ó respecto, e participa no desenvolvemento de proxectos relacionados coa loita contra a contaminación mariña.
Unidade de Modelado Oceanográfico: utiliza os coñecementos en modelización numérica, en oceanografía e meteoroloxía, co obxetivo de proporcionar respostas a situacións de emerxencia no mar, tales como vertidos e seguimento de obxetos á deriva, e para diagnosticar e predecir a dinámica do sistema mariño e as suas consecuencias na calidade das augas.
Unidade de Microbioloxía e Viroloxía: fai o control microbiolóxico dos moluscos e outros organismos mariños que se producen en augas de Galicia.
Unidade de Patoloxía: fai o control patolóxico dende o punto de vista da sanidade animal, dos moluscos e outros organismos mariños nas zonas de producción da Comunidade Autónoma de Galicia.
UNIDADES TRANSVERSAIS
Xerencia: exerce a xestión económica, administrativa e de persoal do INTECMAR.
Unidade de Xestión da Calidade: responsabilizase de garantir a implementación e aplicación do Sistema de Xestión de acordo coas especificacións da norma UNE-EN ISO/IEC 17025 e a política de calidade do INTECMAR.
Unidade de Mostraxe e Ecofisioloxía: encárgase do desenvolvemento e xestión das mostras, así como da avaliación ecofisiolóxica das zonas de producción, para optimizar o programa de control sobre o medio mariño de Galicia.
Unidade de Integración de equipos analíticos e apoio aos laboratorios: encargase do procesado dos datos obtidos polas distintas unidades analíticas e da sua inclusión sistematizada na WEB do Instituto, así como da planificación, xestión e mantemento operativo de tódolos sistemas informáticos empregados.
Unidade Economico-Orzamentaria