Introducción:
A creación do sitio WEB do INTECMAR é un esforzo máis por parte do Instituto, encamiñado a acercar toda a información posible ós usuarios do mesmo, en especial, a tódolos sectores implicados na producción e comercialización de moluscos bivalvos e outros invertebrados mariños procedentes da pesca, o marisqueo e a acuicultura.
A creación e mantemento deste sitio WEB, supuxo un considerable esforzo, que non podería ter sido levado a cabo sen a colaboración e axuda de todo o personal do Instituto.
Esta páxina foi elaborada polo personal da Unidade de Integración de Equipos Analíticos e Apoio aos Laboratorios do INTECMAR; Os programadores queren agradecer o apoio recibido durante o desenvolvemento deste proxecto.
Tamén queremos agradecer o CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) o apoio técnico recibido.
Detalles Técnicos
Este sitio WEB atopase aloxado nun servidor adicado, situado nas instalacións do INTECMAR, o que permite evitar a dependencia de proveedores de servicios externos, e facilita a rápida resolución de problemas.
O INTECMAR Tamén dispón dun sitio WAP (Wireless Aplicattion Protocol) que permite consultar información sobre o estado actual das zonas de producción empregando un dispositivo móbil que soporte conexión WAP. Asimesmo tamén se dispón dun servizo de aviso mediante mensaxes SMS.
Tanto este sitio WEB como o WAP permiten o acceso á información dispoñible sen ningún tipo de restricción. O Servizo de Aviso por SMS está restrinxido a certos usuarios do sector productor.
O INTECMAR está integrado en RECETGA (REde de Ciencia E Tecnoloxía de GAlicia) o que nos permite dispoñer para o noso servidor WEB dunha das redes de datos máis avanzadas na actualidade, con anchos de banda de ata 155MB (aproximadamente unhas 150 veces máis rápido que unha línea ADSL de 1Mb actual).