Co obxectivo principal de achegar as Administracións Públicas á ciudadanía, INTECMAR pon a disposición da ciudadanía dúas Xornadas de Portas Abertas do INTECMAR para dar a coñecer a actividade do INTECMAR dedicado ao control do medio mariño desde 1992.
Antes da visita ás instalacións, os participantes poderán coñecer as funcións e a historia deste centro de referencia mundial, a través dunha charla ofrecida pola Directora ou o Subdirector do INTECMAR.
O percorrido finalizará cunha foto de grupo na entrada do centro.
As xornadas están previstas o 11/06/2024 e 12/06/2024 a razón de dúas quendas de 15 persoas/quenda en horarios de 10:00 a 12:00 e de 12:30 a 14:30.
Se está interesado en acudir, so ten que indicarnos a quenda que prefire, así como o seu nome e un enderezo de correo electrónico ou un número de teléfono, para que poidamos poñernos en contacto con vostede de ser necesario, así como enviar cumprimentado e asinado o formulario adxunto de Autorización ao tratamento de datos persoais ao enderezo de correo electrónico: intecmar@intecmar.gal.