Creado por Lei no ano 2004 como Ente Público, o INTECMAR constitúe o instrumento oficial da comunidade autónoma de Galicia, para o control da calidade do medio mariño e a aplicación das disposicións legais en materia de control técnico-sanitario dos produtos do mar, asumindo entre outras, as competencias e funcións do antigo Centro de Control do Medio Mariño (CCMM), do que tamén herdou as instalacións, inauguradas en 1992, e que foron complementadas cun novo edifico anexo, entregado polo constructor en agosto de 2009.
O Instituto conta coas dependencias, coas infraestructuras e cos equipamentos necesarios e suficientes para desenvolver con total garantía as súas funcións e é un laboratorio de ensaio acreditado por ENAC con acreditación Nº 160/LE394 segundo a norma UNE-EN-ISO/IEC 17025:2017, "Requisitos xerais para a competencia dos laboratorios de ensaio e calibración", na que se recollen tódalas condicións que debe cumprir un laboratorio de ensaio para demostrar que posúe un sistema de xestión e que é tecnicamente competente e capaz de xerar resultados tecnicamente válidos.
Lei 3/2004, do 7 de xuño, de creación do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia
Decreto 41/2005, do 17 de febreiro, de regulamento do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia