O INTECMAR é un laboratorio de ensaio acreditado por ENAC con acreditación Nº 160/LE394 dende 2005, ao ratificarse a acreditación da que xa gozaba o seu antecedente o Centro de Control da Calidade do Medio Mariño (CCMM) dende 1999.
A Entidade Nacional de Acreditación (ENAC) concedeu a acreditación o INTECMAR, para a realización de ensaios de produtos alimentícios procedentes do medio mariño, definidos no anexo técnico correspondente, asignándolle o número 160/LE/394. A vixencia da acreditación avalíase sistemáticamente mediante auditorías.
O Sistema de Xestión do INTECMAR, determinado polo conxunto da estructura organizativa, autoridade, responsabilidades, procedementos, métodos de ensaio e recursos do laboratorio, está documentado en catro niveis:
Manual de Calidade: Documento de máis alto nivel de calquera sistema de xestión, onde se responde ós requisitos da norma UNE-EN-ISO/IEC 17025. Inclue a Política de Calidade, define os Plans Organizativos e fai referencia ós procedementos.
Procedementos Xerais: Documentos que complememtan ó Manual de Calidade, desenvolvendo os requisitos do sistema de xestión para procesos concretos, describindo con detalle a sistemática para levar a cabo unha actividade, establecendo ó tempo, as responsabilidades da súa realización.
Procedementos Específicos: Documentos formalmente escritos nos que se describe un método de ensaio ou unha instrucción de uso dun equipo instrumental. Trátase dos Procedementos Normalizados de Traballo (PNT) e as súas instruccións.
Rexistros Técnicos e Rexistros de Calidade: Recompilación de datos que permite que o sistema de xestión poida ser demostrable e obxecto de auditoría.
A Xefa da Unidade de Xestión da Calidade ten a responsabilidade de asegurarse de que o Sistema de Xestión será aplicado e respectado en todo momento.
A Entidade Nacional de Acreditación (ENAC) acredita ó Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (INTECMAR) para a realización das análises físico-químicas, microbiolóxicas, patolóxicas e toxicolóxicas en moluscos bivalvos e outros produtos procedentes da pesca, o marisqueo e a acuicultura segundo se recolle no seguinte anexo técnico.
Anexo Técnico: Alcance de Acreditación.
A vixencia da acreditación pode confirmarse no sitio web de ENAC: www.enac.es.