Neste apartado pódese acceder á canle de denuncias do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (INTECMAR), que é a canle electrónica habilitada polo INTECMAR en aplicación do artigo 14 da Lei 2/2023, do 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción.
Esta canle configúrase como a vía preferente para comunicar información relativa a supostas accións ou omisións contrarias ao sistema de integridade previsto no Plan xeral de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude da Xunta de Galicia de 19 de maio de 2023 e no Programa marco de integridade institucional e prevención de riscos de xestión 2021-2024, de 26 de maio de 2021, aprobados ambos os dous polo Consello da Xunta de Galicia.
A comunicación por esta canle estrutúrase en dúas modalidades:
Modalidade anónima, na que non é precisa a identificación da persoa informante, de xeito que os órganos que deban investigar non coñezan a súa identidade.
Modalidade nominativa, na que é precisa a identificación da persoa informante, de xeito que os órganos que investigan coñecen a súa identidade e os seus datos de contacto e notificación. Nesta modalidade poderase manter a comunicación coa persoa informante para os efectos de solicitarlle, se é o caso, que aclare ou amplíe a información, e comunicarlle o tratamento dado á súa información, agás que renunciase expresamente a recibir comunicacións do responsable do sistema. Non obstante, garantirase a confidencialidade da persoa informante.
Acceso á canle de denuncias.