A historia de Galicia e a súa costa construíronse a través dunha relación de dependencia dos seus recursos, dando como resultado a paisaxe actual. Paisaxe que ten como soporte un rico e diverso modelado de xeoformas que favoreceron un fértil mosaico territorial non só en canto á súa biodiversidade senón tamén no relativo aos asentamentos e actividades humanas.
O Plan Director de Acuicultura Litoral (PDAL) parte do recoñecemento do litoral como unha unidade social, paisaxística e produtiva. Un entendemento do litoral como un ben patrimonial en si mesmo xa que arredor do mar, as rías e a actividade pesqueira hanse ir conformando asentamentos e estruturas económicas e sociais que moldearon a costa de Galicia, en ocasións coa mesma intensidade que as dinámicas naturais.
Por estes motivos, o reto deste Plan Director consiste en coordinar este desenvolvemento co modelo territorial proposto nas DOT e o POL establecendo as condicións para a implantación destas actividades con criterios de eficiencia, sustentabilidade e calidade ambiental e paisaxística.