Accesibilidade       Mapa do portal       Atendémolo/a                   GALEGO       CASTELLANO     

Cartografía

Neste visor pretendese amosar unha síntese da cartografía elaborada para o Plan Director de Acuicultura litoral (PDAL) e ao mesmo tempo facilitar a xestión e a comprensión do marco territorial vixente no que se encadra a localización de establecementos de acuicultura litoral. O ámbito territorial representado é o do PDAL e circunscríbese ao ámbito de xestión do Plan de Ordenación do Litoral (POL).

Esta cartografía non sustitue ou modifica a ningunha regulación de natureza territorial, sectorial ou urbanística, senon que simplemente reflicte unha síntese da regulación normativa no ámbito do litoral. Recolle unha serie de capas agrupadas por temáticas có obxectivo de facilitar a análse das repercusións de carácter ambiental e urbanístico que conleva a implantación deste tipo de instalacións.

Para elo integrouse a regulación de carácter territorial procedente dos distintos instrumentos de planificación territorial e sectorial vixente e sintetizaronse na serie denominada coherencia territorial.

A regulación destas áreas, sempre que a lexislación sectorial ou o Planeamiento municipal non establezan un réxime máis limitativo e ata a aprobación do PDAL, será o seguinte:

  • Nos niveis 1 e 2 é compatible a instalación de establecementos de acuicultura litoral.
  • Nos niveis 3 e 4 terán que ser os propios proxectos sectoriais de cada establecemento de acuicultura, os que en desenvolvemento do PDAL, propoñan as delimitacións e concreten aa forma exacta de levarse a cabo, sempre que de maneira motivada e debidamente xustificada acrediten a imposibilidade de actuar nas zonas 1 e 2, e mediante o cálculo da capacidade de carga, conforme ao establecido nas determinacións do PDAL e o DR.
  • As áreas discontinuas superpoñense ás continuas de tal xeito que sempre e cando non se ocupen (nin se transformen coa urbanización ou tratamento) si se integran no proxecto poderán ser incorporadas aos establecementos de acuicultura nas zonas 1 e 2.

Neste contexto, a cartografía de usos e elementos para a valoración do POL tén un carácter complementario dos niveis aquí establecidos servindo de motivación para a localización dos establecementos, así como para a incorporación dos criterios de sustentabilidade e integración paisaxística no deseño das instalacións e o seu entorno. Neste sentido, en cada caso, haberá que valorar aqueles elementos e as relacións tanto de carácter natural como antrópico, que condicionan a implantación e a forma das instalacións conforme aos principios establecidos na Normativa do PDAL e na Guía de criterios de sustentabilidade e integración paisaxística dos establecementos de acuicultura litoral.

Para ver o visor a pantalla completa, prema aquí.

Ir a turismo de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Xunta de Galicia.
Suxestións e queixas | Atendémolo | Aviso legal | RSS