Este apartado permítelle coñecer a situación das zonas de producción de moluscos e outros invertebrados mariños das augas da Comunidade Autónoma de Galicia para cada unha das Áreas de Traballo nas que se atopa dividido o INTECMAR.
Inclúese ademais información sobre as mostraxes que se están facendo así coma as mostras analizadas e as mostraxes previstas.
A información contida neste apartado actualizase diariamente para reflexar os cambios de situación orixinados polas análises realizadas no día. E importante que revise a data de última actualización da páxina visitada para determinar a vixencia da información da mesma.
Esta información está protexida por dereitos de autor e de propiedade intelectual ao abeiro das leis españolas, da Unión Europea e de outras convencións internacionais. A información deste sitio web non pode ser empregada fora das condicións admitidas no mesmo. O usuario pode utilizar, de forma gratuita, toda a información contida nesta web para o seu uso persoal ou público, sempre e cando non a use con fíns comerciais ou ofensivos.
O INTECMAR ven de poñer a disposición dos usuarios un novo servizo API REST para consulta do estado das zonas de produción, tanto o estado para biotoxinas mariñas, coma a clasificación microbiolóxica de ditas zonas. Este servizo é unha ferramenta máis dentro do amplo abano das ofertadas polo INTECMAR, para que o sector poida desenvolver ferramentas personalizadas (sitios web, aplicacións para dispositivos móbiles, etc) integrando nas mesmas os datos de situación das zonas de produción. Todos aqueles interesados no seu uso, poden consultar as características técnicas do servizo, así coma as condicións legais para o seu uso.
O usuario debe indicar sempre a orixe da información, amosando sempre o logotipo do INTECMAR en documentos ou noutras páxinas web.
Para solicitar outra información non incluida nesta WEB ó INTECMAR, pode empregar o impreso dispoñible no apartado: Contactar.