Neste grupo inclúese a saxitoxina e os seus derivados, neurotoxinas hidrosolubles que afectan ó sistema nervioso central, provocando parálise.
Na intoxicación por toxinas PSP os síntomas, de tipo neurolóxico, aparecen nos primeros 30 minutos despois de comer moluscos tóxicos. Padecese picazón ou ardor en torno á boca, beizos, lingua e face, ademáis doutras alteracións do sistema nervioso. Esta sensación progresiva de entumecemento muscular exténdese ó pescozo, brazos, pernas e extremos dos dedos. Os movementos voluntarios execútanse con dificultade e tamén hai dificultade na fala. Estos síntomas, aínda que non a cotío, poden aparecer acompañados de trastornos gastrointestinais tales coma dor abdominal, náuseas, vómitos e diarrea. En casos de intoxicación severa pode provocar a morte por parada cardio-respiratoria.
Os organismos causantes do veleno PSP son dinoflaxelados dos xéneros Alexandrium, Gymnodinium e Pyrodinium.