Representadas principalmente polo ácido domoico e varios isómeros deste. O ácido domoico é un aminoácido neuroexcitador que actúa a nivel do hipocampo e da amígdala, dúas zonas cerebrais relacionadas coa memoria.
A intoxicación por toxinas ASP provoca en intoxicacións leves, trastornos gastrointestinais que aparecen nas primeiras 24 h. tales coma náuseas, vómitos, dolores abdominais e diarreas; en casos de intoxicacións severas veñen acompañados doutros trastornos de tipo neurolóxico: debilidade, confusión, somnolencia, vértigo, pérdida de memoria e coma, poidendo chegar a ser fatal.
A súa aparición está asociada a diatomeas do xénero Pseudo-nitzschia.