En Galicia producíronse ata a data, os seguintes tipos de Episodios Tóxicos:
Episodios Tóxicos Diarreicos: debidos a proliferacións de dinoflaxelados do xénero Dinophysis, sendo a especie máis frecuente D. acuminata.
Episodios Tóxicos Paralizantes: debidos a proliferacións dos dinoflaxelados Alexandium minutum e Gymnodinium catenatum.
Episodios Tóxicos Amnésicos: debidos a proliferacións de especies do xénero Pseudo-nitzschia. Ata o de agora en Galicia os episodios cá presencia de toxinas amnésicas nos moluscos so asociaronse coa especie Pseudo-nitzschia australis.
Novas toxinas: a Unión Europea regulou recentemente (15/03/2002) o control de dous novos grupos de ficotoxinas, os azaspirácidos e as yesotoxinas. As especies que ata o momento demostrouse que conteñen estas toxinas son para azaspirácidos a Protoperidinium crassipes e para yessotoxinas a Protoceratium reticulatum. Estas especies existen habitualmente nas nosas augas, aínda que non soen alcanzar grandes concentracións.
En certas ocasións prodúcense proliferacións de organismos que, sen conter sustancias tóxicas poden producir dano a outros organismos presentes na auga, chegando incluso a causar mortalidade de peixes ou moluscos, son as chamadas especies ictiotóxicas. A mortalidade pode ser debida a dano físico que fainos susceptibles de infección bacteriana, afogamento pola presencia de mucus, anoxia, elevadas concentracións de amonio, etc.
En Galicia documentáronse, ata a data os seguintes Episodios Causantes de Mortalidade de peixes ou moluscos:
Episodio ictiotóxico con mortalidade de salmón: debido a unha proliferación do silicoflaxelado Dictyocha speculum.
Episodio ictiotóxico con mortalidade de peixes silvestres: debido a unha proliferación masiva do dinoflaxelado Glenodinium foliaceum.
Detectouse a presencia doutros organismos posibles causantes de mortalidade en peixes ou moluscos sen chegar a producir un episodio documentado: Heterosigma akashiwo, Karenia mikimotoi, Phaeocystis pouechetii, Chaetoceros convolutus, C. concavicornis e Noctilluca scintillans.
Para nomear dun modo xeral tódolos fenómenos que producen as proliferacións de fitoplacto e que incluen as mareas vermellas, as augas coloreadas, os episodios tóxicos e os episodios causantes da mortalidade de peixes ou moluscos, emprégase o termo Proliferacións Algais Nocivas (Harmful Algal Blooms).
O sistema de control que se realiza no Departamento de Oceanografía e Fitoplacto ten un elevado valor predictivo posto que detectase a presencia das células potencialmente productoras de toxinas, antes de que a sua concentración e persistencia provoquen unha acumulación por riba dos límites de peche nos bivalvos, e a desaparición das células que marcan o comenzo do periodo de pérdida paulatina das toxinas. A identificación e contaxe da comunidade fitoplactónica completa é un sistema continuo de alerta ante a presencia de cualquer nova especie que se asocie coa producción dalgún tipo de toxina (nova ou xa coñecida) e permite coñecer en pouco tempo, gracias á base de datos que se foi creando, cales son as condicións máis axeitadas para o seu desenrolo. O elevado número de variables controladas así como a continuidade do control (semanal) dende 1992, xunto có elevado número de equipos de investigación que están traballando neste tema en todo o mundo (nalgúns casos empleando os datos do INTECMAR), está permitindo ademais o desenrolo de sistemas de predicción que:
Determiñan as condicións de desenrolo máis apropiadas para cada especie tóxica antes da aparición das células na auga.
Proporcionan unha aproximación ó contido real de toxinas por célula da especie potencialmente tóxica.
Permiten obter unha aproximación teórica do tempo necesario para que os moluscos bivalvos depuren as toxinas acumuladas ata o nivel que permita novamente a sua colleita.