Pesticida é calquera sustancia empregada para controlar, repeler, previr ou destruir pestes. Podese establecer unha clasificación en función do uso, onde os pesticidas aparecen recollidos en 6 clases diferentes:
Insecticidas
Herbicidas
Funxicidas
Rodenticidas
Fumigantes
Sinerxistas
Os pesticidas principais son os insecticidas. Estas sustancias teñen unhas propiedades que os fan moi atractivos na hora de ser utilizados como praguicidas:
Resultan extremadamente tóxicos para os insectos, moito menos activos fronte a outros animais.
Son moi persistentes.
Son relativamente baratos.
Pese a que na actualidade está prohibido o seu uso, unha gran parte dos pesticidas organoclorados ainda se seguen utilizando, principalmente, en países en vías de desenrolo para controlar fortes pragas; nembargantes, a maior parte dos organoclorados son desplazados polo uso de pesticidas organofosforados o carbamatos os cales degradanse no medio ambiente máis rápidamente.
TOXICIDADE E METABOLIZACIÓN
Son sustancias neurotóxicas que actuan o nivel do Sistema Nervioso Central (SCN). Provocan hiperactividade, convulsións, parálise e por último a morte. Son disruptores enzimáticos. Algúns son máis fácimente metabolizables que outros; por exemplo os lindanos metabolizanse en sustancias hidrosolubles (clorobencenos e clorofenoles) fácilmente excretables.