Os PCB's son, químicamente, derivados clorados dos compostos bifenilos. Existen 209 conxéneres que se diferencian uns dos outros na posición e número de átomos de cloro na molécula.
Producense comercialmente como mezclas complexas para unha grande variedade de usos industriais. O maior productor é Monsanto Corporation (EEUU) que os comercializa baixo o nome de Aroclor.
Son uns compostos de gran estabilidade química, física e biolóxica e uns grandes aislantes eléctricos. Estas propiedades confirenlles unha grande utilidade industrial. Son altamente liposolubles e persistentes, polo tanto tenden a acumularse no tecido adiposo dos organismos da cadena trófica (biomagnificación).
Os PCB's son comercializados como fluídos industriais en lubricantes, plásticos, adhesivos, transformadores, capacitores, pinturas, tintas de impresora, pesticidas, etc.
Dende o ano 1976 regulase restrinxese a sua manufactura, procesado, uso e distribución no comercio, limitándose tamén a sua emisión ó medio; nembargantes debido a que en moitas industrias a maquinaria está anticuada, estes compostos siguense emitindo ó medio ambiente.
TOXICIDADE E METABOLIZACIÓN
Os efectos da toxicidade asociada a PCB's estudaronse en vivo e en vitro tanto para o home como para diferentes especies animais.
Os síntomas máis característicos nos animais son: letalidade, toxicidade reproductiva, inhibición do crecemento, porfiria, immunotoxicidade, hepatoxicidade, efectos endocrinos, neurotoxicidade e outras respostas bioquímicas. Son disruptores enzimáticos.
Os PCB's acumulanse nos lípidos dos organismos e sufren unha baixa metabolización. A maior parte dos metabolitos de PCB's nos animais superiores son mono e dihidroxi CB's e os seus conxugados, estes compostos excretanse na orina; en moitos casos poden aparecer tamén como metabolitos, derivados metiltio e metilsulfona.