Dende a data de aparición do DDT e o seu uso intensivo na agricultura como praguicida, a liberación masiva ó ambiente de compostos organoclorados constituese; nun problema de gran interése científico, económico e político. Isto é así por varias razóns:
O feito da moi baixa degradabilidade ambiental destes compostos determina a sua permanencia na biosfera incluso moitos anos despois de rematar a sua utilización. Asociado a isto, os fenómenos de bioacumulación e biomagnificación determinan que as concentracións nos tecidos grasos de organismos superiores (incluído o home) sexan superiores ás concentracións presentes no ambiente no que foron expostos, o que os transforma nun problema de salubridade humana importante.
O custo de disposición e destrucción destos compostos son elevados e isto determina que la xeración e aplicación de normativas de uso, eliminación e asignación de niveis máximos permitidos, deban manterse nun permanente e delicado xogo entre a búsqueda de beneficios e a minimización de danos.
Entre os compostos organoclorados máis notables, pola magnitude do problema que significan actualmente, atópanse os policlorobifenilos, dioxinas e dibenzofuranos policlorados e os pesticidas organoclorados.
Nas últimas décadas tivo lugar unha importante evolución, tanto no ámbito científico, como no ámbito tecnolóxico. Estes avances permitiron a xeración de produtos destinados a mellorar a nosa calidade de vida, pero estando a provocar un detrimento no noso medioambiente. Por outra banda, incrementase en grande medida o sentimento de preocupación dos efectos destes compoñentes sobre os diferentes compartimentos do medio mariño e sobre a saúde humán. A estas sustancias denomínnaselles Contaminantes Emerxentes, están no medio dende fai anos pero aínda non están regulados. Moitos deles están baixo observación para nun futuro moi próximo ser controlados polas autoridades competentes. A maior parte destes compostos son organohaloxenados como os polibromados difenil éteres (PBDEs), os novos retardantes de chama, as parafinas cloradas, etc. No INTECMAR tense conciencia sobre a problemática destes compostos e estáse a participar en proxectos cuxo primordial obxectivo é a monitorización de contaminantes emerxentes na costa galega.