Hai 75 isómeros diferentes de policloro dibenzo-p diotoxinas que conteñen de 1 a 8 átomos de cloro. Os policloro dibenzo furanos son estructuralmente similares ás dioxinas, existindo 135 isómeros. Os isómeros máis tóxicos e perigosos para os organismos vivos son os 2, 3, 7, 8 tetracloro sustituídos (TCDD e TCDF).
Dos 209 conxéneres de PCB's existentes, só 12 presentan un comportamento semellante o das dioxinas e furanos, denominándoselles PCB's coplanares (8 conxéneres mono-orto e 4 conxéneres non-orto), os cales adoitan atoparse en concentracións moito máis baixas que os restantes PCB's e son tratados de forma semellante ás dioxinas e furanos. As dioxinas, furanos e PCB's coplanares son química e fisicamente estables, incrementándose dita estabilidade a medida que aumenta o número de átomos de cloro na molécula. Son insolubles en auga e moi solubles en disolventes orgánicos, graxas e aceites.
A fonte principal de dioxinas e furanos está asociada a:
A manufactura e uso de clorofenoles nas industrias de procesado e tratamento da madeira.
A manufactura e uso de herbicidas.
A combustión de materiais orgánicos incluindo fuel óleo, madeira e a incineración de residuos médicos e municipais a temperaturas de entre 200 e 400º C, sendo ésta a fonte máis importante de dioxinas e furanos.
No home, a inxesta mediante a dieta é a principal vía de entrada destes compostos contribuindo esta entrada ó 90% da exposición diaria.
O programa da Unión Europea de Reducción das emisións de Dioxinas foi un éxito, reducindose as emisións nun 70% dende o ano 1985 ó 1995.