Os resultados do traballo desenvolvido no Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia transmitense ós distintos departamentos da administración autonómica relacionados; ás entidades sectoriais do marisqueo e a acuicultura: Confrarías de Pescadores, Organizacións de Produtores e Asociacións Profesionais; e ponse á xeral disposición da sociedade.
A información que sobre o estado do medio mariño e as suas distintas zonas de produción de moluscos bivalvos se obtén no INTECMAR, pode ser consultada nesta web.
Via email informanse as solicitudes de extracción feitas no marco dos Plans de Explotación Marisqueira e transmítense tódalas resolucións oficiais sobre a situación das zonas de produción en relación coas biotoxinas mariñas, ós departamentos implicados e ás entidades sectoriais afectadas, a cuxos directivos tamén se lles da conta desa circunstancia a través de email
Emprégase tamén o email para enviar ós departamentos administrativos pertinentes e ás entidades sectoriais interesadas os informes preliminares de recontos de fitoplacto, os informes sobre o estado das zonas e os informes sobre os resultados dos bioensaios.
Cando por calquera circunstancia a información obtida no INTECMAR resulta de interese público, dáse a a coñecer a través do gabinete de comunicación da Consellería do Mar, que o fai chegar a tódolos medios de información xeral implantados en Galicia.