Co fin de dar cumprimento á normativa comunitaria (Directiva 2004/41/CE, Regulamento (CE) 853/2004/CE, Regulamento (UE) 2017/625 e Regulamento de execución (UE) 2019/627) referidas á calidade microbiolóxica das augas para a cría de moluscos e outros invertebrados mariños nas augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia e, en base ás análises feitas polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (INTECMAR), mediante a Orde de 19 de xullo de 2010 (DOG Nº 143 de 28 de xullo de 2010), que modifican á Orde de 8 de setembro de 2006 (DOG Nº 177 de 13 de setembro) clasifícanse as zonas de produci´n de Galicia segundo o Anexo I de dita Orde
A táboa seguinte recolle o estado das zonas de produción actualizadas cos últimos cambios na clasificación das zonas feitos por Resolución da Direción do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (INTECMAR).
Nesta Orde non existen os GAL 01/02, GAL 01/05, GAL 02/02, GAL 03/02, GAL 03/09, GAL 04/02, GAL 05/02, GAL 09/03, GAL 10/02 das anteriores Ordes de clasificación de zonas, ben por terse cambiado os límites, ben por terse fusionado con outros ou ben por ter sido divididos en outros novos.