Coñecese como unidade de depuración ao conxunto de lotes dunha mesma especie, procedentes dunha mesma confraría e zona GAL, extraidos da zona de orixe na mesma semana e con destino a unha zona de reinstalación para a súa depuración de xeito natural.
Para facer referencia a cada unidade de depuración que entra nas zonas de reinstalación, asígnaselles un identificador formado por varias partes:
Tres caracteres que indican a confraría de procedencia.
Un carácter que indica a zona de reinstalación (F para a zona de reinstalación de Ferrol; A para a zona de reinstalación de Aldán).
O último díxito do GAL de procedencia en orixe.
A data inicial da unidade de depuración, en formato ano-mes-día.
Tres caracteres que indican a especie.
Aquí pode ver unha listaxe das confrarías involucradas e das especies afectadas, así coma os códigos correspondentes.