As mostraxes dos nutrientes inorgánicos e fósforo total fanse nos tramos de profundidade de 0-5m (s), 5-10m (m) e 10-15m (f) semanalmente en 41 estacións oceanográficas. Ademáis quincenalmente, nalgunhas estacións representativas das zonas internas e das bocas das rías, tomanse mostras en superficie (1m) e fondo da columna de auga (z).
As mostraxes de COD e NDT fanse semanalmente en superficie (1m) en 36 estacións oceanográficas e quincenalmente, nalgunhas estacións representativas das zonas internas e das bocas das rías, tomanse mostras no fondo da columna de auga (z).